Puntuación: 2.1/5 (36 votos)
A lenda que se teceu arredor de Avilés de Taramancos (boémio, aventureiro, cazador de tigres, afiador, taberneiro...) escureceu unha intensa traxectória dedicada á poesía. Por acima daquela vida azarosa de certas etapas da súa vida, está a personalidade dun home sensíbel, rebelde, apaixonado, comprometido coa terra e coa língua, e autor dunha excelente obra que o sitúa no cúmio da literatura galega do século XX.
Ao longo de case 400 páxinas, en Avilés de taramancos. Un francotirador da fermosura, biografía autorizada. Aurora Marco reconstruiu a vida, non só do escritor, tamén e sobretodo do ser humano, coas suas luces e sombras. E fai-no a partir de valiosos testemuños orais e escritos, de fontes documentais, da correspondéncia persoal e do coñecimento que ten a biografía da vida e obra do poeta. O texto enriquece-se cunha fotobiografía de case cen páxinas, que ilustra o periplo vital de tan relevante personalidade.
[contracapa do libro]