O souto do anano é un espazo natural, moi divertido, polo que pasean os pazaros, as bolboretas, as nubes, a neve, o caracol e o lagarto.
Tamén é o lugar da memoria emparentada cos contos, coas fadas e cos misterios que queren descubrir as nenas e os nenos. O anano é o habitante máis máxico deste souto. Observador e atento, está sempre disposto a fixarse ben nas cousas marabillosas que trae o paso dos días e das noites. [Presentación editorial]