Xosé Antón Cascudo (Guitiriz, 1976) é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Rematou os cursos de doutora- mento no departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da mesma universidade. Actualmente traballa nunha tese sobre o cineasta ruso Alexander Sokurov.
O presente libro, Manual do misántropo, que foi galardoado co I Premio Gzcrea de Poesía 2006, é a súa primeira obra publicada, aínda que con anterioridade obtivo varios galardóns de poesía e narrativa. [Lapela do libro]