Puntuación: 1.9/5 (42 votos)
É a poesía de María Mariño (1907-1967) existencialista por antonomasia, como a que pioneiramente inaugurará o Manuel María de Advento (1954), o que acredita na literatura galega un alento criativo, orixinal (para os perpetuos contempladores do exterior, un estar à la page), que, máis unha vez, pede clamorosamente unha análise desde dentro da especificidade da propria literatura galega, non a reboque das literaturas institucionalizadas do centro do sistema.
E sin esperar espero para ver o lonxe en min: o resumo paradoxal perfeito da ansiedade autorial, da utopía e da ucronía do imposíbel, da aspiración a captar un misterio que vai seguir sendo tal:
Oio algo alá mui lonxe e nada del sei decir,
e sin esperar espero para ver si o vexo vir.
Penso si polo arrodeo ou si non sabe o camín
e sin esperar espero para ver o lonxe en min.
[Presentación editorial]