Puntuación: 2.0/5 (34 votos)
Nun recuncho perdido do mar vivía feliz un banco de peixes. Todos eran vermellos. Só un era negro como a cuncha dun mexillón. Nadaba mellor có resto dos seus irmáns e irmás. Chamábanlle Nadarín.
A historia de Nadarín, Como todos os libros de Leo Lionni, invita a pensar e aprender valiosas leccións vitais. O valor da diferenza e o respecto debido a quen -por cultura ou aspecto físico- non Comparte as características comúns, queda reflectido nas primeiras páxinas deste clásico da literatura infantil de todos os tempos.
Máis aínda, a superación dos medos propios, a forza de vontade para gozar do que nos rodea malia as adversidades que se presenten e a solidariedade cos nosos semellantes tamén fican plasmados neste relato de gran calidade estética, de frases curtas cheas de figuras retóricas sutís e suxerentes. E como emblema da obra no seu conxunto, unha mensaxe para os lectores: a unión fai a forza.
Destaca tamén a orixinal proposta estética de Leo Lionni neste álbume datado en 1963 que, coma todos os deste autor, conserva toda a súa frescura. Cunha técnica semellante ás "manchas de cor", recrea un universo mariño dotado de movemento e riqueza cromática.
[Presentación editorial]