Puntuación: 2.2/5 (45 votos)
-"Un día vou aprender a voar ...", dixo o avó.
O certo é que, nunha tarde cor de abelás e noces, entre un baile de follas douradas e vermellas de outono, o avó levantou o voo e desapareceu.
Onde foi? Onde está? Foi ese mesma día cando o neno tamén decidiu aprender a voar.
O protagonista desta historia tratará de suplir a ausencia do seu avó facendo o mesmo que el: coleccionar todo
tipo de obxectos. Neles, e especialmente nos libros, atopa a resposta a todas as preguntas. Como alimento do espírito, a lectura proporciona sabedoría e solución a moitas dúbidas, mais o rapaz non consegue a fórmula --~ para aprender a voar. Recurrirá entón ás palabras do seu avó, que Ile recomendaba -para todo- ter forza de . vontade.
Alexandre Honrado elabora un texto de gran calado poético no que aprender a voar é unha metáfora da invitación a viaxar coa imaxinación. Tamén trata dun xeito sutil e delicado o baleiro que deixa a ausencia dos seres queridos. As ilustracións de José Miguel Ribeiro destacan polo seu estilo cinematográfico, cheas de colorido e xogos de perspectivas.
[Presentacón editorial]