“non ou edicións” é un proxecto alternativo de edición de experiencias. A difusión das súas propostas lévase a cabo mediante a transmisión directa de eventos (non) ou mediante contactos-boca.
“Facer Merzbau non ou posible” é a súa primeira boca para o contacto: unha deriva en directo coa música de Madame Cell e de dous homes (Estevo e David Creus) dentro dun libro+dvd+autocolantes. [Presentación editorial]