Corre o ano 1942. En plena II Guerra Mundial, a aviación xaponesa bombardea e invade Singapur, colonia do Imperio Británico. Un Zin, o axudante de cámara do embaixador inglés, é concertista de paxaros, unha arte chinesa que consiste en dispoñer as gaiolas sabiamente para que os chíos conformen unha sinfonía. Tomado como escravo por un xeneral nipón e amortuxado pola desa- parición da súa familia, o único que o mantén con vida é sandar uns paxaros máxicos que pertenceron ao seu mestre Txanglao. Unha historia tráxica unxida co óleo máxico dos contos orientais. [Contracapa do libro]