Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paso e caes ao mar; neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo. Nel hai xentiña que deu tamén ese paso: un home que nada na pota do caldo, un que pesca na bañeira, un que cria perdices para os namorados amárense felices. ¿A cantos pasos está o real do irreal? [Contracapa do libro]