Esta obra constitúe o primeiro estudo documentado do Samaín, a festa milenaria de orixe celta recuperada hai só 14 anos en Cedeira da man do propio autor e que nestes últimos anos está sendo novamente espallada e revitalizada por toda a xeografía galega. O froito de 13 anos de traballo é este libro que recolle o longo proceso de restabelecemento desta tradición. A obra estrutúrase en tres partes: a recuperación da festa en Cedeira, unha celebración que agora se espalla por outras localidades; o artellamento dunha unidade didáctica, “As caveiras de cabaza”, que foi impartida en Cedeira e Santiago de Compostela e, por último, a tarefa de recolleita de testemuñas e referencias documentais desta tradición. [presentación editorial]