Nos anos 80, Annapurna, unha moza galega, acompaña ao seu pai ao Himalaia. O home organizou unha expedición para procurar a cámara de fotos de George Mallory, que probaría que foi o primeiro montañeiro en coroar o Everest. Agora é Namche, o fillo de Annapurna, quen, así que cumpre 18 anos, viaxa áo Tíbet para desenguedellar os misterios daquela expedición, coñecer as súas consecuencias e saber máis do seu admirado avó Tomás. Para iso deberá afastarse do seu mundo, inclinacións xenófobas incluídas. E, no seu pescudar, chegarán respostas inesperadas. [Contracapa do libro]