Devala o século XIX. Os avances da ciencia fan ceifa no presente. Nun vagón de tren arrómbanse sete monstros de feira, sete nenos que antes foron o gran engado do prodixioso circo de Míster B. O empresario, un home feito a si mesmo, mudou eses cativos de- formados por un teatro de autómatas. E abandonou tamén as quimeras desecadas, que xa non abraian ao público. A maquinaria do mundo, como a ruleta do casino, vira sen descanso, e sete nenos, outrora figuras dun cartel de cores, matinan no xeito de saír da vía morta onde as súas vidas esmorecen. [Contracapa do libro]