Chamábase Ana, pero agora xa só é un recordo. Un aborto mal practicado no seu corpo de adolescente embarazada acabou con ela.
No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades. [Presentación editorial]