Puntuación: 2.0/5 (44 votos)
A singular obra que aquí presentamos resume e sintetiza tres elementos básicos que aparecen expostos en todos os títulos de Jules Verne. Por unha banda, o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía -moi desenvolvida naqueles anos-; pola outra, as descricións históricas e xeográficas que enmarcan cada un dos capítulos que conforman o libro e, finalmente, o seu propio ego, personificado nalgúns dos protagonistas do libro, especialmente no capitán Nemo.
Ademais, conxuga dous elementos vitais na súa obra, o mar e o mundo das aventuras. Verne, ó igual que fixera Leonardo da Vinci, tentou amosar ós seus coetáneos que todo aquilo que soñaban podía facerse realidade, ben a través da construcción de aparellos imposibles, ben mediante as extraordinarias aventuras que aparecen en cada un dos seus libros, e que xogan eficazmente coa realidade e a ficción.
Precisamente, esta forma de ver a literatura deu pé a que ó longo do século XX estalara unha auténtica revolución no panorama literario mundial e que ten trazas de continuar alén dos tempos.
[presentación editorial]