Puntuación: 2.0/5 (44 votos)
Malia ser Andy Warhol un dos artistas e personaxes máis famosos do século XX, a súa obra, especialmente a cinematográfica, segue a permanecer oculta para o público.
Non abundan os libro dedicados ao seu cinema, e son moitas as inexactitudes que estes recollen.
"A mirada impasíble", o estudo de Alberte Pagán, convértese no primeiro ensaio en todo o mundo que analiza as películas da primeira época. E faino partindo da realidade dos propios filmes e intentando fuxir das súas versións "conceptuais". Deste xeito, Alberte Pagán reivindica a plasticidade e a estética da súa obra fílmica, lonxe da habituais interpretacións conceptualistas, para as que a idea que se agacha tras os filmes é máis importante que o obxecto fílmico en si.
Un estudo sorprendente, brillante, único e reivindicador dunha faceta de Andy Warhol descoñecida para nós.
[Presentación editorial]