O cambio climático condiciona a vida na Galicia do futuro. Os exiliados resisten as temperaturas extremas nos desertos áridos do interior, mentres os habitantes libres do andazo sobrevivenen en grandes plataformas flotantes no mar, afastados do territorio da enfermidadee supostamente amparados por unha sociedade perfecta. Neste reduto da civilización, os sucesos fantásticos mestúranse cos acontecementos cotiáns, facendo difícil distinguir a realidade da ficción e creando unha enganosa impresión da existencia. Os cidadáns viven sometidos ao rigoroso control da Torre Aloia, o ollo orwelliano que vixía os seus actos, e porén, fuxindo do determinismo ambiental e do horror dos seres prefabricados, o Capitán Silva loita contra o uniformismo nunha fuxida cara a adiante, na procura desesperada da memoria e da identidade. O fío condutor da novela Canícula é a soidade humana, alimentada polo avance da deshumanización e o silencio nun ambiente sórdido. A obsesión dos seus protagonistas é fuxir da canícula interior, do pensamento único. O seu desexo é poder sentir á fin o recendo dunha liberdade real. [Presentación editorial]