En “A voda”, McCullers aborda o paralelismo entre as concepcións sociais estereotipadas sobre o xénero e a opresión dos negros. A novela enfatiza a crise traumática da protagonista adolescente producida pola confrontación dos perigos da feminidade. Ela síntese abanear entre a liberdade da infancia e a sexualidade rixidamente definida polos adultos á que se ve abocada. En “A voda”, o soño da androxinia aparece como a vía de escape dunha feminidade definida en termos restritivos: sexualidade pasiva e submisa, a maternidade sacrificada que implica renuncia aos privilexios masculinos. [Presentación editorial]