Puntuación: 2.0/5 (46 votos)
Había unha vez tres chibos que vivían no alto dunha montaña:
o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande.
Un día miraron unha herba moi verde que crecía ao outro lado do río. Pero para chegar había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que inxeniar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o inxenio poden máis que a forza física...
Olalla González adapta para os primeiros lectores este conto popular europeo, cunha versión especialmente concebida para ser contada. En “Chibos chibóns” os máis cativos atoparán un xogo de tamaños, números e sons, que nas páxinas do libro tamén se traduce nun xogo tipográfico. Federico Fernández, galardonado en 2001 co Primeiro Premio Nacional de Ilustración, apórtalle á historia unha boa dose de humor, creando unha serie de personaxes dotados dunha grande expresividade.
Existe outra versión deste álbume, na colección Makakiños, destinada a persoas con necesidades educativas especiais, para o que foi adaptada ao sistema de pictogramas SPC.
[Presentación editorial]