É un suxerente título que anuncia a traxectoria e o propósito dun traballo de investigación que pretende revelar a situación actual sobre a divulgación do coñecemento dos celtas. As ideas que sobre os celtas se achegan actualmente á sociedade proceden de campos moi diversos, por este motivo, o interese deste libro vai encauzado á análise con criticismo, a través do estudo de tres ámbitos chaves desde onde acostumamos recibir información sobre os celtas: a Investigación, a Educación e a Divulgación, a visión paixonal dos celtas e o celtismo fóra da academia. [Presentación editorial]