Leopoldo ten unha mamá que sempre senta con el
á noitiña e Ile conta contos marabillosos...
...Casilda ten un papá que Ile ata un laciño no pelo todas as mañás.
Daniela Kulot cóntanos a historia dunha dobre amizade: a dos pequenos Leopoldo e Casilda, e a dos seus respectivos nai e pai. Leopoldo conta coa axuda da súa nai para escribirlle a Casilda unha carta na que a invita a unha festa na súa casa. E a Casilda, o seu pai axúdalle a ler a invitación que recibe. Pequenos e adultos
gozan da compañía mutua e constr¿en pouco a pouco os alicerces dunha nova familia.
Os libros desta autora e ilustradora alemana teñen unha grande aceptación entre o público infantil. Tratan aspectos cotiás da vida, síntense atraídos pola riqueza cromática de cada páxina e captan con inmediatez a mensaxe que subxace en cada historia. Tamén conta o feito de que os personaxes das súas obras soen ser animais de diversas especies, polos que os pequenos lectores senten moita simpatía.
"Leopoldo e Casilda" é a terceira obra que FAKTORÍA K DE LIBROS edita desta autora, despois de "Que leria de cordóns" e "Co dedo no nariz", ámbolos dous dispoñibles en galego e castelán. [Presentación editorial]