A premisa de que as grandes historias da literatura poden comezar detrás dunha caixa rexistradora serve de escusa para presentar esta breve pero intensa amálgama de vidas frustradas, vítimas da necesidade. Unha visión optimista que mostra a non conformidade dos personaxes con todo canto lles acontece, para deixar de seren vítimas, pasando a controlaren o propio destino.
O libro inclúe, con cada exemplar, o caderno de poesía "Déixanse levar", do mesmo autor. [Presentación editorial]