Puntuación: 1.8/5 (31 votos)
Unha fría mañá de domingo mamá Úrsula puxo ao forno un pan de cereais, e o seu delicioso arrecendo fixo erguer , moi ledos, ao resto da familia.
De súpeto, o tranquilo almorzo foi interrumpido por un extraño renxido na neve...
Nesta obra distínguese a actitude coa que nenos e adultos reaccionan ante o descoñecido: os maiores, con temor e desconfianza; os cativos, con curiosidade e inocencia.
Unhas pegadas xigantescas representan unha ameaza para as familias do val: ninguén sabe identificar a súa procedencia. Uns rapaces cometeran a imprudencia de saír da casa sen o permiso dos seus pais e os veciños súmanse á busca do monstro que os pode ter retidos.
Este álbume de Fernando Krahn transmítenos unha dobre mensaxe: os adultos prexulgan, antepoñen o seu rexeitamento fronte aquilo que ignoran, mentres que os protagonistas deste relato ven oportunidades para coñocer, aprender e facer novos amigos.
Krahn lévanos por unha paisaxe de ensoño, na que a natureza xoga un papel destacado. As súas ilustracións transportan ao lector dende o calor do fogar ata o frío da montaña. Esa sensación de presencia e de arela dun mundo mellor é a que captou o dramaturgo e guionista estadounidense Arthur Miller -amigo persoal de Krahn- na carta que Ile enviou ao autor logo de ler o relato, e que se reproduce neste libro.
[Presentación editorial]