O traballo de Xosé Carlos Caneiro nas páxinas de La Voz de Galicia, a través de columnas en diversas seccións, queda reflectido nesta selección de artigos publicados orixinalmente entre 2000 e 2006. Reflexións que van desde o intimista até o político, desde a ficción até a realidade, compoñen esta escolma do traballo en prensa dun dos escritores fundamentais na nosa literatura. [Presentación editorial]