Neste libro estúdanse coordinadas básicas sobre as que se apoia a dirección de actores: a composición, a acción, a planificación e a realización dos ensaios ou a dinámica de traballo nunha compañía teatral.
Para tal fin, preséntanse diversas ferramentas conceptuais e metodolóxicas e, ao mesmo tempo, expóñense as achegas de personalidades que axudaron a configurar o marco da dirección teatral do noso tempo: Meiningen, Stanislavski, Meyerhold, Brecht e Grotowski. [Contracapa do libro]