A produción de espectáculos escénicos, na súa dimensión práctica, implica a organización e posta en marcha de moi diversas actividades e tarefas, que son responsabilidade de diferentes axentes.
Este volume, concibido como unha introdución á realización práctica de espectáculos de diverso tipo, ofrece unha visión xeral dos principais ámbitos e áreas de traballo que acompañan os procesos de creación escénica. [Presentación editorial]