Este libro non só nos ofrece un itinerario perfectamente detallado e explicado, metro a metro e mesmo con indicacións de coordenadas xeográficas, que percorre 30 grupos de diferentes gravados rupestres presentes nos montes de Carnota. Tamén nos explica, de forma sucinta e accesible, o mínimo imprescindible que se debe saber para podernos visualizar e entender perfectamente as figuras e a presenza dos petróglifos. E para facilitar aínda máis ese labor acompáñanse cun esquema explicativos dos seus trazos, por temáticas, e dun amplo repertorio de fotografías. [Contracapa do libro]