Xosé María Díaz Castro é un dos poetas fundamentais da literatura galega de posguerra. A súa obra poética deuse a coñecer amplamente logo de ser incluída na Escolma de poesía galega de Francisco Fernández del Riego publicada por Editorial Galaxia en 1955. Revelador da súa extraordinaria forza expersiva, que ilumina a carga que o poema leva dentro, Nimbos viu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX. [Contracapa do libro]