Pola mañanciña dun día de verán de moito abafo estaba o galo Quirico e mais un rebaño de galiñas peteirando á sombra dun carballo. Nestas viron vir cara eles un raposo. O galo en seguidiña deu a voz de alarma e as galiñas voaron poñéndose a salvo nas pólas do carballo. O raposo intentou enganalos dicindo que agora había unha lei que dicía que tódolos animais tiñan que ser amigos pero o galo, que é moi listo, non lle fixo caso. [presentación editorial]