Puntuación: 1.9/5 (74 votos)
Xavier Seoane, ofrécenos neste libro-gañador do I Premio de Poesía CAIXANOVA 2002- unha inmersión poética da condición occidental e atlántica dunha Galicia oceánica, proa do mar. Unha mirada a un horizonte mergullado nunha cosmicidade que abraia ao home pola súa inmensidade e o seu misterio. Indagaión sobre o tempo, o destino e a morte.
Navegando nas augas da misteriosa esfinxe da saudade, e enfiando emoción, meditación e contemplación, o poeta loita por afondar no elo entre a morada e a viaxe, a beleza e a derrota, o ser e a nada.
Os abertos espacios das celaxes mariññas e as evocacións de ámbito portuario e mariñeiro, co afondamento na intimidade ou no soño e a estrañeza de vivir, acompañan temáticamente ás homenaxes e lendas, aos daguerrotipos e retratos dun tempo de amor, de loita e de saudade.
[contracapa do libro]