Ao pouco de iniciar a loita contra a invasión francesa, comezaron a aparecer en Galicia diarios que informaban da evolución da guerra e animaban ao combate. Agora, o Consello da Cultura Galega presenta Primeiros xornais galegos (1808-1809), catro volumes que recuperan os exemplares conservados desde aquela. Segundo nos explica Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, estas publicacións foron das primeiras do seu tipo que xurdiron a nivel estatal.