O Consello da Cultura Galega pon a disposición dos lectores a descarga desta obra (formato PDF) editada polo Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega. Nesta obra, editada por Ana Isabel Boullón Agrelo, reúnese unha selección de traballos tendentes a clarificar as condicións da emerxencia da lingua galega nos textos escritos na Idade Media. Os enfoques son interdisciplinares, pois fanse non só desde a lingüística, senón tamén desde outras órbitas necesarias, como a historia, a paleografía e as condicións culturais.