culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Á arte pola curiosidade

Unha aposta cega pola creatividade. Mingos Teixeira reflexionar sobre o feito da producción artística, propoñendo liñas de investigación prácticas e directas, establecendo pontes, xeitos ou posicionamentos estéticos do home fronte á vida.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Por Mingos Teixeira


Porque non somos obxectos senón suxeitos, noso mundo interior e a realidade que nos rodea son interpretados desde moi diversas ópticas. Tanto a percepción como os sentimentos humanos parécense máis a un lente caleidoscopio que a un de precisión. Somos similares a ese tubo opaco que pouco a pouco se vai enchendo de contas de cores para despois formar infinidade de figuras variadas. O tubo sería a nosa personalidade mentras que as minúsculas pedras cromáticas son depositadas na nosa mente pola tradición, a cultura e os valores da sociedade na que nos desenvolvemos.


Ó achegarnos ó marabilloso mundo da arte, se nos deixamos levar por esa mesma curiosidade coa que soemos ver un caleidoscopio de nenos, de seguro, máis cedo que tarde, acabariamos sendo fascinados pola maxia da cor e das figuras artísticas. Ter curiosidade, querer coñecer e saber, é a cualidade primordial para asomarnos ó mundo da creación plástica. Debemos comportarnos como faría un investigador privado e indagar, buscar, analizar, examinar, en definitiva, ser un pouco curiosos para chegar a armarnos de paixón. Se o facemos así, pouco a pouco e case sen darnos conta, concluiremos que a arte e incluso pintar, debuxar ou esculpir non é tan complicado como nos cremos, que non é máis que o alarde dunha habilidade latente en todos, aínda que, por desgracia, moitísimas veces a desidia, ou sexa, a falta de curiosidade nola impida desenvolver.



Efectivamente, esa actitude de fisgoneo ou furoneo artístico aumentará as nosas experiencias, e ó final, facilitará descubrir que a arte naceu do ser humano para aportarlle sensibilidade vital fronte á inclemente nada da morte e, ó mesmo tempo, para opoñerlle un denodado anverso á terrible e suicida aspiración da actual sociedade do ocio por “matar o tempo”. A creatividade —artística, literaria, científica, tecnolóxica, etc.— é a arma máis eficaz dos mortais para loitar contra o miserable e covarde medo a vivir.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org