culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Se non me amas serás responsable da miña morte

Asaltar a creación. O pretexto desta narración era analizar a recente Bienal de Pontevedra, pero o artista Santi Jiménez conclue nunha fuxida apertando ideas baixo as rodas. O resultado, honestos cuestionamentos da arte.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Non, nunca me interesou a idea de poética. Se cadra porque creo que a obra, coma o amor, é cousa de dous (artista e espectador), polo que, para ser honestos, deberíamos reunirnos e consensuar unhas liñas.


Só podo falar da creación, pois é o lugar que teño asignado nesta historia.


A arte é acepta-lo risco de decepcionarnos; situarnos entre a melancolía e a soidade na busqueda dunha tensión non resolta, deixando ó engano sé-lo rei do corpo que pensa. Crear e fabricar o noso propio corpo e contar a nosa historia, unha historia na que é a ausencia a que acende a chama.



¿Por que apropiarse dos demáis cando podes falsealos e concentrar os desexos nas promesas do outro? No rexime interelacional para coa obra estamos sometidos á chantaxe afectiva; convertimos a obra no noso refén afectivo: "Se ti non me das iso serás responsable da miña depresión; se non me amas serás responsable da miña morte; se non te deixas amar serás responsable da tua propia morte."E convén lembrar que, para non sentirnos atrapados, o mellor é colle-los demáis coma reféns.


A arte é tamén reducir a palabras, imaxes, pezas, unha nebulosa difícil de identificar. Poden ser vivencias, lecturas, certo estado de ánimo ou un xeito diferente de ver a realidade. Non o sei moi ben. Pero sí creo que esa nebulosa necesita para facerse sólida dunha temperatura especial, a moitos graos baixo cero, próxima á calma absoluta de Kelvin. E esa frialdade queroa traducir coma traballo, paciencia e oficio.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org