culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Do lugar, do tránsito

Desde a paisaxe de pasos lentos, dos lugares, dos tránsitos. As galerías ad hoc e Bacelos presentan estes días dúas olladas da paisaxe, coas obras de André Cepeda e Juan Ribas, respectivamente.

Atrapade o mensaxeiro
13 / 6 / 2006
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Resulta moi curioso cando agardas un pequeno cambio e rexístrase xusto esa modificación de paso diminuto, axustado. Sobre a paisaxe, nesa temática aberta, hai tempo que dispoñemos o argumento do cambio na teoría e na experiencia, neses lados que inciden despois nas disciplinas, antes no traballo. André Cepeda e Juan Ribas representan dous polos, recoñecibles e normalizados, da ollada da paisaxe, desde a fotografía, desde a pintura, desde o debuxo; desde o lugar, desde o tránsito.

Tránsito
Cepeda ilustra esa nova xeración de autores portugueses que ofrecen e manteñen unha relación de producións diferentes das promocións anteriores, insistindo no social e sen unha dimensión de ruptura. Presenta na galería ad hoc as marxes dunha paisaxe, as cunetas intencionadas nunha serie de fotografías que se proxectan desde a deliberada busca de olladas secundarias. As súas fotografías, agrupadas en “Moving 2”, ensinan a parte esquecida da viaxe, as diversas perspectivas da paisaxe colectiva, común. Recórdanos moito ás imaxes que proxectan as obras do arquitecto, tamén portugués, Carrilho da Graça, no seu deseño dunha arquitectura desde o automóbil, desde o tránsito. Así mesmo, esta mostra provoca unha pregunta sobre a necesidade de establecer as mesmas canles de comunicación entre Galicia e Portugal como se realizan na dirección hoxe comentada, ou como no exemplo da mostra colectiva “Territorio Oeste” que estas semanas podemos visitar no MACUF.

Lugar
A poucas rúas desta mostra, na galería Bacelos preséntanse os traballos de Juan Ribas, nesa dimensión na que se rele a paisaxe, mentres se reproduce, mentres se pasea. Do mesmo xeito que as fotografía de Cepeda, Ribas proxecta unha ollada sobre a paisaxe detrás da tramoia, nunha deliberada parada nas cunetas e nas curvas das estradas, nas beiras do mar e nas partes traseiras de edificios de cemento e ladrillo. A súa intención reside nunha pregunta sobre a paisaxe ou, mellor, sobre os habitantes, sobre unha topografía vivida. Un pequeno campo de fútbol preto de Pontecesures ou a soedade dunha arquitectura esquecida alterando para sempre a liña de horizonte do lugar. Funcionan igual que as fotografías de Roberto Ribao, nesa busca dun argumento na liña dun proxecto de lugar, mentres se efectúa a súa particular instantánea. Quizais por iso pensamos na obra de Ribas nesa vocación do obxectivo, do plano fotográfico ou, incluso, cinematográfico.

Cando os modos son sinxelos e os cambios mínimos, na paisaxe que se organiza forte e se reconverte continuamente antes nos argumentos, despois nas disciplinas. Desde os lugares, os tránsitos; desde os non-lugares, os non-tránsitos.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org