culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

24/30 Victoria Diehl

O traballo de Victoria Diehl (A Coruña, 1978) representa unha imaxinativa relectura da fotografía. Vinculada ao Centro de Estudos Fotográficos (CEF), gozou dunha bolsa de Creación Fotográfica do Concello de Santiago, foi gañadora do primeiro premio no Certame do Concello de Cambre e do I Certame Monforte de Lemos, e foi incluída na VIII Mostra Unión Fenosa. Participou na colectiva “Detrás da pel” na galería C5 e en diversos certames: Artes Plásticas da Deputación de Ourense, INJUVE’03 de fotografía, Generación 2005 de Caja Madrid, “Encontros da Imagem” de Braga. Estivo presente o pasado ano en diversas feiras de arte como ARCO, Arte Lisboa, Estampa ou Foro Sur. Na actualidade está incluída na colectiva “Espacios transformados” no Concello de Alcorcón e na publicación, editada por Exit, “100 fotógrafos españoles”, ademais de gozar da Bolsa da Academia de España en Roma.

Atrapade o mensaxeiro
5 / 1 / 2006
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Búmerang1. A túa obra resposta a un tipo de relectura do fotográfico desde a apropiación e a narratividade. ¿Como localizas o rol fotográfico na paisaxe actual despois de moitos "booms"?

Para realizar o proxecto “Vida e Morte das Estatuas” tiven a necesidade de facelo mediante imaxes fotográficas, porque unicamente coa capacidade de verismo que aporta o medio fotográfico estas imaxes que estaba pensando poderían cobrar sentido e a fotografía permitíame contar o que tiña proxectado dun modo máis preciso e xogar co engano do real e do ficticio.

Apropieime de fotografías para realizar o que serían os primeiros bosquexos da idea e posteriormente apropieime das imaxes de esculturas coñecidas que fotografaba eu mesma para levar ao espectador á idea de transformación que sofre a escultura na miña imaxinación cando a estou observando, para levar á xente a esa sensación que experimentan observando estas pezas.

En canto á fotografía, creo que vivimos nun mundo cada día máis fotográfico, e que aínda que xa hai tempo que está considerado como un medio artístico, aínda segue habendo algúns prexuízos, ao mesmo tempo que cada ano a súa presenza é maior en feiras como Arco, Estampa...

Búmerang2. O teu traballo destila unha hibridación, pero sempre cunha forte débeda poética. ¿Cales son as claves que a definen?

É difícil definir o propio traballo, penso que é unha relectura actual e moi persoal de mitos e contos, influenciada polo meu interese na imaxe como representación de persoas, obxectos e momentos, como substitucion do real, nas imaxes e nos obxectos que gardan un intre no tempo pero que inevitablemente pasan por este, polo deterioro e a enfermidade.

Búmerang3. ¿Existe algunha liña de produción (artistas, tendencia,...) coa que compartes analoxías e concordancias?

Non dun xeito consciente pero si houbo traballos que influíron na miña obra, xa sexa por proximidade (Manuel Sendón, Isabel García), que me influíron coa súa opinión sobre a miña obra ou porque me gustan desde sempre como Louise Bourgeois, Marina Núñez... e en xeral os numerosos artistas que trataron e tratan o tema do corpo e da identidade feminina.

Búmerang4. ¿Consideras axeitada a promoción ou visibilidade dos artistas máis novos en Galicia? Desde a túa experiencia profesional ¿cales serían as posibles canles ou vías de solución?

Dende a miña experiencia, hai que resaltar a labor das convocatorias para novos artistas en canto a concursos e bolsas que dan un punto de apoio económico e un recoñecemento que nos proporciona ánimo para continuar. Tamén hai galerías galegas que están apostando por novos valores. Así mesmo, a prensa non está pendente unicamente de artistas consagrados, tamén nos presta apoio e boas críticas desenvolvendo unha boa labor de seguimento dos que levamos pouco tempo no panorama artístico. Nestes aspectos sentinme ben tratada.

O que si é de destacar é que cada vez hai máis artistas novos con proxectos moi sólidos que están apostando polo seu traballo, que se moven para conseguir un sitio no mundo da arte. Sen dúbida a existencia da Facultade de BBAA de Pontevedra e institucións como o CGAC, o MARCO, o CEF, a Fundación Luís Seoane, o Auditorio de Galicia... favorecen o movemento artístico en Galicia.

Vías para mellorar a promoción de novos artistas é potenciar aínda máis todos os aspectos anteriores. En calquera caso eu animo aos novos artistas a que o intenten e se presenten a certames e convocatorias.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

As miñas fotografías son un proxecto aberto e en ocasións é imposible ir a fotografar determinadas esculturas coas que tiven unha idea determinada, ata agora o meu soño era poder viaxar para fotografar, pintar ou deixarme influenciar polo que estou coñecendo.
Ligazóns
Centro de Estudos Fotográficos


Galería María de Llanos


Galería C5 Colección


"Arte y Naturaleza"


Portal "Fotos y fotógrafos"


Concello de Alcorcón


ARCO


Academia de España en Roma


Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org