culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Un proxecto de exposición

Unha traducción de disciplinas. Cando a arte se pode proxectar, Sol LeWitt fusiona teorías nun espacio que comeza real e remata imaxinario. Achegarse á súa proposta na Fundación Barrié da Coruña desde a mirada afable, é o que ofrece o arquitecto Xurxo Baratta, que se reconforta identificado na linguaxe da estructura, daquela que tamén respira nos lampexos das lembranzas.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
A exposición do artista Sol LeWitt que a Fundación Barrié oferta estes dias precisa dunha mención especial, non só pola oportunidade de achegarnos á obra dun dos mestres configuradores da multiplicidade artística da segunda metade do século XX, que en continuo feedback nos chegou desde os Estados Unidos, senón tamén porque xa desde a súa concepción, trascende o concepto tradicional de exposición.


O espacio baldeiro

Atopámonos diante dunha exposición deseñada fóra dos xeitos habituais, dentro dunha tendencia cada vez máis extendida de realizar un proxecto de exposición, ó xeito dun proxecto de arquitectura. Cada vez máis, moitos museos e salas de exposicións, especialmente os de nova planta, ofrecen espacios baldeiros destinados a ser interpretados polo artista. Lewitt executa neste espacio un auténtico exercicio proxectual ó desenvolver un traballo que, partindo dunha idea orixinal e viaxando nos petos dos seus colaboradores, ten de ser plasmado noutro lugar seguindo unhas instruccións precisas, sen a intervención directa do artista. A coherencia da idea resulta aplastante.


A secuencia narrativa

Coherente porque a realización principal da exposición, o xigantesco mural plasmado nas paredes dos sotos da Fundación, acompáñase do documento proxectual, a modo de bocetos ou aproximacións, na materia de escultura, gouaches e grabados, conformando un todo que ineludiblemente ten de ser presentado de xeito conxunto. O resultado final ten un fío narrativo que o visitante ten posibilidade de interpretar ó seu xeito, pero que agocha sen dúbida a esencia do traballo de LeWitt..


Impresión e extinción

Semella unha boa experiencia descender dende a rúa as apalpadas e ceiba-los ollos nesta sala principal lostregada de cores. Para o visitante que coñeza a ríxida xeometría das salas da Fundación Barrié, a experiencia e cando menos sorprendente: apenas seis cores, unhas angulacións básicas, unha elemental isometría, e a sala resulta deconstruida, trascendendo os planos das paredes para chegar a poboar un espacio multiplicado.


Finalmente, un matiz enriquece máis aínda a experiencia artística, que é o desfrute do efímero, do que esta destinado a desaparecer, non a ser trasladado, de xeito que cando a montaxe da próxima exposición da fundación esterilice de branco as paredes, agochando os coloridos lampexos, un lóstrego isométrico percorrerá as memorias.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org