culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Deseño ensaio

Capturamos de novo a estela que a pasada entrega lle poñiamos ao mundo do deseño, para entrarmos na arte que Marcel Breuer lle deixou á historia da arquitectura do século XX. A Fundación Barrié presenta unha completa selección dos seus traballos, que o converteron en referente da modernidade e fonte de ensaio na actualidade.

Atrapade o mensaxeiro
12 / 6 / 2005
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
A Bauhaus, como moi ben confirma a mostra que este días podemos ver no CaixaForum de Barcelona, foi máis que un momento concreto que se desenvolveu a comezos do século XX e que tivo en nomes como Rietvelt, Gropius, Klee, Kandinsky ou Marcel Breuer os seus mellores expoñentes. Por iso, quizais sexa nunha dimensión de experimentación na que se presenta con menos xuízos, na pretensión de estilo ou movemento estela que contamina os seus laterais mentres de evapora a súa presenza. Por iso, insisto, foi nese lado máis utópico onde se dispersou e triunfou a mellor das súas ideas, un xeito internacional, e tamén foi aí onde se centraron moitos dos seus cuestionamentos. Porque, sen ser unha única linguaxe, nin tan sequera unha única tendencia, o seu lugar e tempo adoptáronse para definirse como estilo. Sempre pensamos nunha gran etiqueta que cambiaba de mercadoría mentres avanzaban as décadas; mudaba a arquitectura, evolucionaba o deseño. Aí atopamos, nese proceso de escalada experimental, o espírito empírico de Marcel Breuer. As súas obras foron quedando prendidas, como incuestionables e referentes, na historia da arquitectura e do deseño do século pasado; sempre atento dentro da gran fórmula que significou formar parte da vangarda, ben sexa construtiva, ben de ton neoplasticista, ben daquela que non se esgota bebendo do mellor do racionalismo, executada desde e no Movemento Moderno.

Deseño fondo continuo
Sempre falamos da importancia de implicar a todas as áreas culturais en procesos de exhibición, naqueles campos de exposición e presentación pública. Comentámolo sempre co ámbito da arquitectura; neste apartado a Fundación Barrié propón desde hai anos un acertado achegamento á arquitectura, e por intres ó deseño, que vén afirmado nos últimos anos en mostras xa comentadas de Wright, Utzon, Mies ou Le Corbusier, incluso na última “Arquitecturas ausentes”. Marcel Breuer preséntase na mesma liña de repaso da obra dun autor, nunha ollada retrospectiva que adquire esa nova función de escala do arquitectónico dentro das institucións culturais. Insiste a mostra nunha intención pedagóxica, amosando as pautas e claves para descubrir o mundo creativo de Breuer. Invítase ó visitante a participar en varias leccións construtivas sobre escalas, texturas, proporcións e espazos, interiores e exteriores. Se o visitante é un arquitecto ou un historiador, os tempos de pausa son maiores.

A arquitectura actúa de espello da súa sociedade e época. A complicada sala de mostras da fundación acolle unha relación de maquetas, mobles, planos e material documental e fotográfico que nos mostran anacos desa época, mentres demostran a coherencia deste autor, a súa axilidade compositiva e, sobre todo, o seu procedemento exemplificado desde o arquitectónico pero afirmado desde o deseñado. Un compromiso ineludible pola técnica trasladado ós seus deseños, sobre todo ó famoso moble confeccionado con tubos de aceiro, que podemos ver na súa cadeira Wassily, aínda na actualidade unha icona do deseño, dunha experimentación e como excepcional resultado dun ensaio de cambio vangardista no que moitos crían, nesa busca de emblema e singularidade que acompañou a este e outros autores en toda a súa traxectoria.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org