culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

11/30 Fran Herbello

Un dos exemplos más orixinais da fotografía actual está presente na obra de Fran Herbello (Menziken, Suíza, 1977). Asistimos ós seus traballos coa mentalidade do cirurxián, dun autor que expande o valor fotográfico para conectar coa poética atrapada en diversas series de traballo como “A imaxe e semellanza” ou a recente “Mal de corpo”. Presente en varias colectivas e certames de novos autores -“Imaxe maiores” ou “Detrás da pel”-, sobresaen as súas mostras individuais na Fundación Granell, na galería Railowsky (Valencia), no Centro Torrente Ballester, na Fundación Torrente ou a que inaugura hoxe no Espazo Anexo do MARCO co sorprendente proxecto “Souvenir”.

Atrapade o mensaxeiro
8 / 7 / 2005
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Búmerang1. A túa obra ofértase cun concreto tipo de relectura do fotográfico desde o corpo e a memoria ¿Como defines o rol fotográfico na actualidade despois de moitos de booms?

A fotografía é un acabado que permite limpeza e velocidade. Hoxe isto ten valor, temos gran facilidade para ler imaxes de xeito rápido, a imaxe esta tan estendida que moitas veces dáme a sensación que somos ruminantes visuais. Cando visitamos un lugar que nos parece digno de foto apenas o apreciamos en directo, rapidamente o atrapamos nunha foto para retomala máis tarde na casa.

Búmerang2. Sempre identificamos o teu traballo coa lectura da memoria desde o corpo ¿Cales son as claves que definen toda a relación de series?

En todas tento que a imaxe golpee, que chame a atención para que o espectador, logo, repare no xogo de asociacións. Corpo, memoria, publicidade, humor negro.

Búmerang3. ¿Con que liña de produción creativa compartes analoxías?

Interésame a liña de Jose Fernández, o gaiteiro de Aldán, con actitudes surreais e sorprendentes propias das greguerías de Ramón Gomez de la Serna.

Búmerang4. Identifícaste cunha xeración de novos artistas galegos. ¿como observas a promoción destes artistas máis novos por parte das infraestruturas?

Creo que hai certo apoio pero non sei si será suficiente. Hai xente moi boa que sae da facultade e non sigue facendo cousas. Pode que fose distinto se puidesen agarrarse a algo.

Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Un Imposible... non sei... facer un mirador cunha columna de 2000 barrís de viño da casa.
Ligazóns
Exposición no Espazo Anexo



Crítica da súa obra I


Serie “Mal de corpo”


Serie “A imaxe e semellanza”



Crítica da súa obra II

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org