culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

9/30 Jano

Jano (A Coruña, 1979) é un autor perfeccionista, un dos máis destacados nomes da banda deseñada galega actual. Recibiu numerosos premios polo seu labor, entre os que destacan o do INJUVE e o Premio Ourense ao mellor autor non profesional. Incansable explorador da linguaxe e posibilidades artísticas da BD, experimenta coa ligazón con outras disciplinas artísticas e con técnicas fóra dos recursos habituais do cómic. Licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra, leva toda a vida facendo viñetas, tanto como autor completo ("Patricia", "Tapa roja") como exercendo de editor de fanzines notables ("Lixo", "Sintoteca"). Ten colaborado con innumerables publicacións ("Buen Provecho", "Tos", "BD Banda") e foi cofundador en 2001 do colectivo Polaqia. Na actualidade fai parte do elenco esencial do "Fanzine enfermo", candidato á mellor publicación amateur no Saló del Còmic de Barcelona.

Atrapade o mensaxeiro
10 / 6 / 2005
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Búmerang1. ¿Cales pensas que son as relacións que podemos establecer entre as disciplinas das artes plásticas e da banda deseñada?

Pois, moitas. Penso que son moi saudables as relacións entre distintos medios. En concreto, dentro da historieta pódese experimentar con distintos tipos de linguaxes pictóricas ou apropiarse de novas tecnoloxías como Internet. Isto dende un punto de vista máis formal. Pero tamén existe a posibilidade de apropiarse das narrativas do cine (Mark Kalesniko “Novia por Correo”) ou da escrita (Juanjo Sáez “Viviendo del Cuento”).

Búmerang2. ¿Cal é o debate que debe existir entre estes dous ámbitos? ¿Vías de saída?

Os historietistas non deben pecharse os ollos. É importante e casi diría que obrigado, conecer as diferentes correntes plásticas, estar aberto a experimentar con novas técnicas e tentar ser orixinais.

Mimetizar estilos, acomodarse graficamente e repetirse é malo para o enriquecimento artístico da historieta.

Búmerang3. ¿Cales serían as claves que definen o teu traballo?

Non cho sei.

Búmerang4. ¿Con que liña de traballos (artistas, tendencias,...) compartes concordancias ou te sintes identificado?

Gústanme moitos debuxantes diferentes. En liñas xerais, é xente que traballa por conta propia. Por poner algúns exemplos: Chester Brown, Blanquet, Jason, Kochalka, Mauro Entrialgo, Seth, Chris Ware, Paco Alcazar, Jeffrey Brown, Sara Vannon…


Búmerang5. Pensa nun proxecto que quixeras facer.

Que me paguen polo meu traballo.
Ligazóns
Jano en BD de culturagalega.org

Fanzine Enfermo

Conto de nadal

Polaqia

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org