culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Mantos de cor

Chegan de visita nomes e máis nomes de autores foráneos, que visitan paredes e chans de galerías e salas institucionais, mostras que forman parte das políticas de intercambio das galerías ou da propia expansión das súas traxectorias, dándolle pulos comparativos. O exemplo está, estes días, na mostra que Bacelos fai da obra dos últimos anos de Joan Foncuberta (que inaugura este xoves) e a que Marisa Marimón realiza de Alfredo Alcaín, a exposición que hoxe visitamos.

Atrapade o mensaxeiro
7 / 5 / 2005
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  

Esta mostra segue a liña marcada por Luis Fega, Efraín Almeida ou Luis Mayo; autores que apoian o itinerario da galería, alternando con nomes cada unha das tendencias que afirman a súa programación. Alcaín representa a opción dos artistas que saben adaptarse e dixerir os estilos que, pouco a pouco, se filtran na súa traxectoria. A el tocoulle vivir os anos inmediatos á explosión que supuxo o Pop nos EEUU, e que salpicou a toda Europa con diferentes resultados e con centos de exemplos que, copiando nalgúns casos ou adecuando noutros, fixeron de seu a lectura social e plástica do movemento pop. Dentro do grupo dos que mellor repensaron foron Alcolea, Equipo Crónica, Genovés ou mesmo Dis Berlín. Pero foi Alcaín un dos que mellor asimilou o seu punto e seguido pop, o valor cambiante que sempre defendeu o estilo dos Warhol ou Lichenstein. O galardón recibido co Premio Nacional de Artes Plásticas, no ano 2003, non fixo máis que redondear a súa traxectoria.

Trama-cor
Persiste todo o traballo presentado dentro dunha curiosa relectura deste dous últimos anos. Cada vez con máis detemento foise desprendendo das iconas, que tan afanosamente buscaba nestes últimos anos, para centrarse nun manto de cor que cubre, como un mosaico, toda a superficie. Foise illando dos bodegón e das naturezas mortas, dun tardocubismo que faceta superficie nunha trama de cores. Alcaín comprende cada composición como mitos a campo aberto que ocupan, de parte a parte, os límites e fronteiras da tea. A importancia dos seus traballos reside principalmente no que Calvo Serraller definía como “entramar a cor, zarapallalo cunha rede compositiva de facer da color unha superficie arada”. Curiosa relación coa terra para un autor de poucas introspeccións telúricas; pero supón esta comparación unha axeitada forma de comprender máis unha trama de posibilidades que trepan como unha maquinaria xeométrica, formando un dos mellores paisaxes de acumulación. Unha pintura de máximos, como Palazuelo, como o son os grandes parágrafos. Uns particulares horror vacui que explican moitas das obras presentadas e que retratan as tendencias que, ós poucos, foi adecuando na súa poética.

En moitos casos temos falado de pintura, hoxe insistimos na súa capacidade de capturar ou relacionarse co apartado “obxecto”. A pintura fluída da peza que ocupa a entrada da galería, “La casa azul” (2003), representa o que o seu nome indica, pero é algo máis: a materialización do pictórico. É o feito tridimensional dunha pintura estendida, que o propio Calvo Serraller define como unha “hiperrealidade pintada”. Pinturas dilatadas no espazo, unha filosofía que permite que todo pode ser cualificado como pintura.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org