culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

O sorriso do vento

A escultura clásica, forxada en ferro, nun home tranquilo, afable, Martín Chirino. Unha selección das súas esculturas pódense ver durante todo o mes de agosto no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Ó longo da escultura do século vinte, e sobre todo despois da hecatombe que supuxo a Guerra Mundial, a arte viuse encamiñada a posicionarse, acollendo dúas direccións, resistir desde a orde ou delictir desde a denuncia, o sencontrol e a ironía, o absurdo. A escultura, como a arquitectura ou a literatura, é testemuña desde percorrido de supervivencia e rescate; todas aquelas propostas que agromaran nas vangardas de principio de século eran agora reformuladas, postas en cuestión. O apéndice púxoo Henry Moore, e o comezo da nova escultura británica, en Estados Unidos facíase realidade despois do expresionismo abstracto coa forza e enerxía dos minimalistas, en España este panorama internacional vivíase desde lonxe, menos, paradoxicamente, nas imaxes da arte abstracta, a mesma que vivíu un reforzamento en Chillida e Tàpies. Entre os responsables dese facerse crer, de reintentar a vangarda, está o grupo “El Paso”, dentro da súa variedade de poéticas, sobresae un escultor da forza, Martín Chirino.


Liñas de forza

A súa obra é unha aposta pola tensión. Unha tensión que se evidencia na dialéctica do material, da técnica, pero sobre todo, da narratividade simbólica que desprende. Martín Chirino recupera, dalle a man, ós outros mestres da forxa, do ferro como aposta do perenne, do intemporal, desde Gargallo ata Richard Serra. O seu foi un camiño pola liña, unha conquista do espacio, que levaba a unha conquista do baleiro, do contexto; os seus iniciais traballos dentro do grupo “El Paso” existían desde a levidade, o fráxil, porque a súa non é unha obra que exista na firmeza da tectónica, senón que se converte en etérea, volátil, por intres fráxil, literaria polas referencias a formas biolóxicas e naturais. A vocación descúbrese como unha das categorías que asentan a súa traxectoria, se ó principio a referencia era ó vento, nunha espiral, pronto as forza do natural estiranse buscando horizontes e chans, liñas de paisaxe ou acentos de materia nos retratos. Porque sempre existe unha necesidade de pervivir. Siluetas delicadas que abrazan retratos, que desprenden unha sensación de decostrucción, como palabras de poemas ou sudarios voando.



Martín Chirino, aprendiz de Vulcano, aperta a levidade dun Calder e pecha baleiros, aire e atmósferas, consegue reter as miradas na materia, pulida, negra como o azibache.


----------------

Sitio web do artista:

www.martinchirino.com

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org