culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Miradas desde a ficción

Vicente Blanco, fornada da facultade pontevedresa, amosa unha mirada limpa, como síntese, nas súas últimas obras, que agora se presentan na galería ourensá Marisa Marimón, ata o próximo 31 de xullo.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Vicente Blanco preséntase, dentro da xeración de artistas nacidos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, como unha das propostas máis interesantes, como as de Manuel Vázquez ou Álvaro Negro, que puidemos seguir ó longo detes anos en numerosas colectivas. A súa aposta é pola pintura e a fotografía como tenteo, para rematar traballando en continua vinculación coa linguaxe da videoarte


Luces de artificio

Vicente Blanco pensa sempre en imaxes, en referentes que o trasladen a códigos informativos. Unha necesidade de informar que se delata nunha linguaxe limpa, pulcra, de acabados que queren rozar o sublime. Un día recollín unha carta, remite San Sebastián, dentro unha fotografía, algo comezaba a cambiar. Alí, hai catro anos, comezou o meu interese pola obra de Vicente Blanco, a súa implicación nas linguaxes do natural pero cunha revisión distinta, con luces de artificio; así foi aquela mostra na galería Sargadelos de Santiago, moi boa. Mostrou naturezas realizadas como artificios, maquetas de árbores, neve e montañas cartón, luces no chan e pinturas moi diferentes, pintadas sobre metacrilato; obras abstractas con referencias abstractas, signos que flotan en espacios azuis ou negros. Os resultados eran moi esmerados, de acabados exquisitos.


Algún día pararei de pensar nisto, pero hoxe non

A liña do inxenio nunca se pecha. Estas novas propostas caracterízanse por debuxos relacionados coa banda deseñada; nada mudou, segue referíndose a unha ollada precisa, coidada. Os debuxos preséntanse como imaxes conxeladas dos seus traballos en vídeos, un dos medios ós que chegan —aínda que sigan pensando como pintores— os rapaces novos. Un procedemento que non perde ningunha forza, porque ofrécense como unha sorte de resumos, mesmo como artificios. A fonte destas obras son os traballos en vídeo, o coñecido “O máis xove e radiante piloto” e o novo “Oh, oh, oh, yeah!”; a tendencia narrativa desde a ficción. Os protagonistas dos seus traballos son personaxes espontáneos que actúan en escenarios anodinos, nunha narración por intres minimalista, coa repetición de planos, transformando o relato en ilusión rítmica, lúdica, tamén inquedante. Nenos chorando na tapicería do coche, a súa faciana reflectíndose no retrovisor, os pelo movéndose co vento, outros agardando a puntuación en escenarios de videoxogos: coches ou polideportivos onde se fusiona a riqueza descritiva, achegándonos, na sinxeleza de liñas e cores, ós debuxos das bandas deseñadas. Pero, sobre todo, achéganos a unha escena familiar, próxima, de simulacros coñecidos.


Pechemos a lectura cunha ollada no futuro, alegría, a súa obra seguirá o camiño aberto por Salvador Cidrás no Espacio Uno do Museo Reina Sofía de Madrid. “Oh, oh, oh, yeah!”

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org