culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Atmosfera de pintura

Poñerlle bicos atmosféricos, de pigmentos de luz, a unha pintura de cores en novos formatos visuais; pautas de seguimento da última obra de Álvaro negro que, ata o verán, se recolle na Fundación Laxeiro de Vigo, mentres agardamos o debate de Latitudes II onde será un dos contrincantes.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Volver a atopar a Álvaro Negro, a súa obra, é sempre unha grata sorpresa. Foino un día de agosto camiño de Ourense, no seu Lalín natal, cando daba pasos seguros en novas pinturas de cor e foino a pasada tarde de venres na inauguración da súa mostra na Fundación Laxeiro de Vigo presentando os seus últimos traballos. Será unha das sorpresas da tempada, como a mostra de Almudena Fernández en VGO ou a de Diego Santomé no ARTIUM de Vitoria. Casualmente os tres estaban na mesma sala ese venres ó son dunha tuba que converteu en profunda, atmosférica, unha inauguración familiar.

Levabamos tempo agardo polos seus traballos, xusto desde hai pouco máis dun ano cando marchou á Saint Martins de Londres, unha das escolas de arte actual máis importantes de Europa. Ten motivos para estar moi satisfeito do aprendido, a mostra é excepcional. En poucos artistas vese unha traxectoria tan limpa e discreta, nun continuo camiño de apertar e retratar a pintura. Porque Álvaro está completamente namorado da pintura, da pintura en palabras persoais. Pintura sublime. Recollemos a súa traxectoria case atrapados polas reminiscencia de moitos mestres da plástica contemporánea, desde o poder da composición de Peter Halley, pasando pola construcción de Robert Therrien e, quizais nun grao superior, nun exaltado Gerhard Richter. Partes dun espello onde o noso artista se identifica.

Pintura cor fotografía
O poder do pictórico, das regras que definen e marcan a pintura, latexan en todo o seu traballo, e todo sen empregar un so gramo de pigmento; falabamos de pintores que non pintan, e sempre lembro o traballo mudado, cambiante, de Vicente Blanco ou, sobre todo, de Manuel Vázquez, Richter ou Dario Villalba. O salto de Álvaro (entendamos salto como deslizamento nun trapecio de circo) chegou primeiro desde o soporte, case resposta a unha necesidade de texturas, máis inmediata. O aluminio serviu para evacuar as liñas acendidas, as forzas que se encoraban nos últimos cadros de “Luxpincolour” ou da serie Luzpin. Serán cadros, que puidemos ver na galería Fúcares de Almagro, contaminados das luces artificiais de tubos fluorescentes.

O cambio definitivo de soportes, tamén de linguaxes, céntrase nas últimas pezas producidas e presentadas na presente mostra: traballos en vídeo e fotografía. Unha sala pintada de gris que ofrece unha paisaxe cinematográfica, atrapados nunha escuridade onde dominan as fiestras abertas de paredes e caixas que existen gracias á luz. O compoñente lumínico, por efecto ou defecto, recolle unha das pautas máis definitorias da súa traxectoria, antes unhas pinturas que mutaban trazos co cambio dun campo visual de dispositivas, agora perfectamente sintetizadas nunhas caixas de luz e nas proxeccións. Luz densa pero atmosférica, líquida, edulcorada en zume pictórico. Pintura de fotografía. Queda lugar para a narración, breve, dun tempo, Londres na memoria, unha fábrica detrás do Támesis onde catro torres son catro liñas dunha natureza visionaria. Unha piscina que conxela un nadador eventual ou as luces e sombras sobre un pano branco. E todo sendo pintura, sen pintar.

Vese que todo vai mudando, pouco a pouco. A pintura muda de libros nun vocabulario visual. Todo é cuestión de tempo.

X.M. Lens [correo]

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org