culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Cando murmura a paisaxe

Antón Lamazares evidénciase como un dos pintores máis interesantes do panorama galego actual, desprende unha ollada irónica que se refresca en cada unha das súas exposicións, nesta da galería santiaguesa SCQ, presenta as súas últimas obras, baixo o rotundo epígrafe “O libro dos Jueces”.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Lamazares presenta un percorrido pola pintura, comezando a finais dos setenta, pero, sobre todo e para sempre, identificado co movemento e sentimento “Atlántica”. Unha vocación artística que opta polo carácter expresionista, de trazos que perfilan figuras e personaxes que existen desde a burla, desde o sarcasmo e o maldizer.


A pintura da expresión

A súa é unha aposta pola pintura da expresión, pero, á diferencia doutros compañeiros de xeración que apostan desde a figuración, Lamazares faino desde un achegamento ó territorio galego, ó espacio exterior, diseccionando a humidade, o choro da paisaxe, os berros da chuvia e o silencio da terra labrada. Porque Antón existe sempre gracias ó lugar, nunha ollada atlántica da que non só non foxe senón que acepta desde o “plein air” dun expresionismo voraz. Así, fai retratos como paisaxes, e vicerversa, captura leiras como glosas do noso ordenamento minifundista, como pequenos poemas, de pluralidade de texturas e cores, campos e caracteres da súa Deza natal.


A paisaxe do íntimo

O actual prende como unha novidade de propostas, continuando cunha linguaxe de naturezas preñadas de verdes como berros de expresión, negros como noites e azuis como brétemas, vermellos como linguas. Porque agora o interese segue a recaer na paisaxe, pero naquela do fragmento, non nas leiras minifundistas, senón nos episodios das paisaxes aéreas, das liñas de horizontes, de árbores esbozados e desfigurados nun aire lixeiro, como de primavera. Esta mostra, titulada “Os libros dos Jueces” —en clara referencia a unha das partes máis significativas da Biblia— presenta máis que referencias relixiosas directas, esbozos literarios, que se describen en novas obras onde a paisaxe semella máis un sentimento que unha realidade. Lamazares consegue facer latexar o natural, desde unha ollada do interior, centrifugando o exterior, representado por escenas de superfices vermellas como pedras baixo o sol, cando a matanza do porco desprende a sangue, purificadora e devota, e cae na terra, unindo principio e fin, home e terra.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org