culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Deixando que a natureza xesticule

A pintura no caso de Manuel Vázquez trasvístese de fotografía e vídeo; David Barro, comisario desta mostra e coordinador do ciclo Miradas Virxes, fala dunha arte que se admira nos espellismos e no axar.
Por David Barro

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Desde o 8 de juño ata o 8 de jullo pódense ver no Centro Torrente Ballester as novas obras —baixo o título "Carscape 1.0"— que Manuel Vázquez (Santiago de Compostela, 1969) realiza despois da inflexión que supuxo o seu ingreso no prestixioso Central Saint Martins Collage of Art de Londres, que acabou por significar o abandono —non sabemos se momentáneo— da práctica da pintura hacia o extendido campo da fotografía e do vídeo. Pero este xiro pronunciado no semella producirse por comodidade ou oportunismo, senón polo anhelo de continuidade dun proxecto, dunha idea e dun traballo que sempre xirou ó redor da luz.



Imaxes de luz

Nas súas pinturas —conformadas por unha serie de bandas de cor dunha luz alienante e impersonal sobre unos fantasmagóricos fondos de cor— podíase intuir a mirada dun paisaxista, un paisaxista non descriptivo, porque o seu mundo aparecía cegado por unha luz imposible. Nelas, pintaba o urbano, a cidade como natureza morta, e a luz semellaba sair reflictida como nun espello; agora, nas súas fotografías, esta imaxe vólvese explícita. As súas obras continúan sendo golpes de luz, a condición de paisaxista pervive, se ben en series como "Mirage" conseguimos avanzar ata introducirnos nun interior antes oculto, a unha máis tradicional forma de natureza morta, e é desde aí, desde a máis banal cotidianidade, desde onde Manuel Vázquez dispara os seus destellos lumínicos. Neste caso, non omite todas as pistas, senón que introduce unha serie de espellismos nunhas imaxes que, aínda que en principio semellan ser froito da manipulación dixital, correspóndense coa realidade fotografada nun provocado trompe-l’oeil.



O golpe de luz hoxe tradúcese do espesor da pintura, seguindo un tipo de coordenadas barrocas e unha retórica de corte caravaggiesco que une o verdadeiro co probable. Pero tamén resulta palpable unha busca máis consciente da realidade velazqueña de obras como as "Meninas", xa sexa nesa intención de capturar ou aparentar o instantáneo ou nese homenaxe literal que desvelan obras como "Mirage 4", cunha iluminación que procede da nosa dereita, un motivo en teoría principal que se reflicte no espejo e unha figura que permite medir visualmente o espacio.



Reflexos como espellismos

Diferentes linguaxes contamínanse e permiten a pintura fóra da pintura, transgredindo non só o seu soporte senón o conxunto de procedementos que a fan posible. Nos seus vídeos o xeito de ver e compoñer de forma pictórica non disminúe. Nun deles, unha nena levántase ininterrumpidamente a partir dun loop no medio dun parque. A imaxe remítenos a unha desas tardes soleadas que Seurat plasmou a partir de estudiar a atmósfera da Grande Jatte. Como éste, Vázquez pretende o fuxitivo, a tensión do instante nunha paisaxe tranquila, de tarde de domingo. Noutro, aparece un tren achegándose á estación de Plaistow —ó este de Londres—. Inmediatamente vén á memoria a Gare Saint-Lazare de Monet. Nosa visibilidade é impedida polo fume —un fume por certo desexado por Monet que obtivo permiso para deter os ferrocarriles, despexar os andéns e cargar as máquinas co carbón necesario para logralo— e por unha sorte de espellismo case fantasmal no de Vázquez. No seu "Carscape", os coches acaban por descompoñerse en reflexos acuáticos perdendo o seu volume ou cualidades táctiles, así como a súa independencia nunha especie de mar de xeo, xa ensaiado por artistas como Friedrich ou dun xeito máis achegado a Vázquez no carácter indefinido das fotografías dos mares de Sugimoto, pero que agora se presenta baixo unha luz máis brilante e intensa propia do pleinarisme impresionista.


Así, recrea unha atmósfera luminosa achegada a Renoir ou ó citado Monet, unha sorte de reflexos que acaba por desvanecer as formas. A luz xenera a obra, a naturaleza xesticula.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org