culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Para poñer en marcha o dispositivo prema ON. 1

A fascinación do próximo. Suso Fandiño achégase á exposición de Arturo Fuentes na galería Ad Hod desde a seguridade e a fascinación, capturando a súa destreza imaxinativa e as moitas canles interactivas da súa faciana tecnolóxica. Novos camiños para un novo xeito de presentar. Aplaudir o deseño da mostra, a aposta da galerista e o sinxelo retrato dun colega.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Por Suso Fandiño

ON:
O dispositivo comeza a funcionar, constante e repetitivo. A obra de Arturo Fuentes xorde do límite e do absurdo. Cunha sinceridade entre o pavor e a admiración, o autor non deixa cousa con cousa, e por suposto non fai falta lembrar quen exerce como cousa ante tal proposición.

Atopámonos ante unha das exposicións máis interesantes e terapéuticas dos últimos anos, mortal de necesidade e necesaria por razóns de hixiene e supervivencia. A nosa mirada buscará consumir os obxectos que inundan o espacio expositivo, buscando un lugar onde significalos e asumir con algo de dignidade o noso fracaso como espectadores. Esa batalla témola perdida.

Na primeira lectura conseguiremos interpretar unha estratexia baseada nun discurso irónico e desapiadado entre o home e a máquina; resúltanos altamente gratificante. Para tal relación sobran os recursos de significación, acoutamento e clasificación. As nosas necesidades máis primarias vense cubertas, pero como nos espellos de feira, somos pero non somos. O sistema que fai posible a relación obxecto-observador foi alterada ata o ridículo sendo a nosa sensación unha mestura de impotencia e gargallada.

Os seus obxectos propoñen unha dialéctica perversa onde nada é o que parece para finalmente ser a única certeza á que poder asirse, demostracións empíricas dun mundo tecnoloxicamente histriónico, incapaz de balbucir o monosílabo máis infantil.

Os dispositivos funcionan cunha exactitude regrada, cruel e desapiadada, pero o seu funcionamento revela a insignificancia do noso papel como interlocutores pasivos e fracturados pola nosa propia posibilidade de expectación. Non busquemos aquí a facilidade do obxecto compracente, feito e desfeito para unha dixestión agradecida. As súas máquinas absurdas, cheas de cables e conexións non pretenden ser metáforas de nada, son en si mesmas. Losquean e amosan no seu reflexo distorsionando a nosa propia imaxe reducida ó mesmo sistema de funcionamento que nos dicta a máquina e a nosa inxenua interpretación desta.

A obra de Arturo Fuentes é como o alcol na ferida, doe pero desinfecta. A cicatrización, como o peito de Andy Warhol, pode ser o simple xesto expresionista asinado por Valerie Solanas ou carne remendada pola cirurxía plástica.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org