culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

IFI, arte en movemento

Na xeografía galega seguimos camiñando por unha incerteza de iniciativas relacionadas coa arte audiovisual; o festival de arte total IFI 2003, celebrado en Pontevedra os pasados 2, 3 e 4 de abril, ofreceu unha plataforma certamente innovadora de promoción e crecemento da videocreación e da arte musical. Cristina González, que participou neste proxecto cunha performance, ofrece unha visión integral e positiva.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
Por Cristina González

Os días 2, 3 e 4 de abril celebrouse en Pontevedra o IFI 2003, unha especie de lugar de encontro entre artistas de distintas disciplinas e público, unidos nesta ocasión polo concepto do movemento.

IFI resposta a ideas supostamente utópicas como son a creación dun lugar en que se comuniquen artistas e público, un lugar en que se expoñan os problemas sociais e se busquen solucións apoiando sempre a arte e o artista como activos sociais, uni-lo desenvolvemento da tecnoloxía á preeminencia da humanidade e todo isto desenvolvido nun espacio xeográfico concreto, Galicia, precisamente contradictorio, afastado das grandes urbes e dos grandes proxectos.

Nese lugar deberían confluír eventos sonoros, accións, instalacións e todo aquilo que non cabe nin nos museos tradicionais nin nos eventos promovidos desde as grandes institucións. Falo desde a miña opinión, pero despois de realizar unha acción colectiva podo dicir que había un bo ambiente.

Nas salas de arte contemporánea o normal é que a xente sinta frío, non sei se pola arquitectura, os vixiantes ou o respecto, pero é moi difícil atopar espectadores receptivos, abertos, curiosos. En IFI había moitos, claro que algúns eran artistas e a maioría novos, pero en xeral respirábase comunidade, interese polo que acontecía en cada sala, en cada intre.

Foi o ano dedicado ó movemento, e polas salas circulaban persoas observando, artistas creando accións, escoitando os sons das pezas ou os dos artistas en directo. Un podía senti-lo afogo de atoparse deitado nunha angarella infernal, pero tamén producir sons e imaxes a través dunhas sensibles luvas ou co tacto no láser, sentarse nun sofá coma se estivese na súa casa, viaxar por internet ata os lugares de “nunca máis” e de “non á guerra”, saltar na pantalla ou facer unha obra de arte co lixo para protestar pola idea de que calquera cousa é arte.

En Pontevedra houbo un tempo de relación entre público e artista, entre artista galego e artista catalán, entre arte sonora española e son portugués. Pero nalgún punto pódese adiviña-la pegada dos mozos e mozas alumnos de Belas Artes, polas inquedanzas, polo afán de facer, pola liberdade. Un movemento vital que logo, anos máis tarde, parece esmorecer nas persoas. Oxalá continuase.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org