culturagalega.org

inicio / colaboradores / Atrapade o mensaxeiro por Xosé Manuel Lens
Atrapade o mensaxeiro

por Jose Lens

Madeira galega en Arco

Esta edición de Arco ofreceu, desde a óptica galega, unha das edicións máis imaxinativas; a desaparición dalgunha forza repúxose coa madurez e afirmación doutras. Foi un Arco de murmurios e de berros, espacios saturados e ausencias etiquetadas.

Atrapade o mensaxeiro
11 / 11 / 2004
Chuza   del.icio.us   technorati      Imprimir   Escoitar   Enviar  
O asentamento estivo na participación de cinco galerías, a desaparición presencial na Fundación Caixa Galicia, a selección de pezas do MACUf, o MARCO dentro dun proxecto museístico e a presencia, silenciosa, do CGAC, que a partir deste ano non presentará o seu están. Que ninguén se estrañe con este dato, tampouco o fai o IVAM, o Reina Sofía ou o MACBA e considero que non o deberían de facer ningunha institución, pública ou privada; é máis un espacio para que se presenten novas propostas museísticas, como realiza o MARCO, o novo Museo de Alacante ou o MUCAC de Castela-León.



Flashes de modernidade


Nesta presentación-representación de galerías galegas proseguiuse coa orientación que debuxaba toda a feira: acumulación-dispersión. A proposta das galerías SCQ-VGO sorprendeu gratamente pola súa limpeza de deseño, e sobre toda na aposta pola selección de pezas representativas, que actuasen como paradigmas do autor; unha posta en escena case musical de forzas contrapostas, Croft ou Carlos Rial dialogando coa levidade de Sinaga (posiblemente a mellor peza da feira) e Susana Solano (lembrando tamén o espacio "Cuadrado Azul"), Casás fronte á exaltación de Darío Basso ou Patiño, acompañado das novas pezas de Tono Carbajo (que adquiriu o CGAC).



A versión oposta foi a galería Trinta que levou a Arco unha representación, considero que excesiva, de artistas, todos eles dunha elevada calidade e con obras excepcionais, como as fotografías de Jorge Barbi, a fraxilidade de Curro Ulzurrún, a sorpresa marabillosa de Carlos Capelán ou o lenzo de Freixanes. Sobresaían as pezas de Pamen Pereira, compostas por fume ou pedra, que tamén alumeaban o espacio das galerías Altxerri ou María Martín. A terceira das galerías, Bacelos, apostou pola fotografía, proseguindo a súa liña expositiva; as sempre salientables obras de Chema Madoz, a contaminación pictórica de Pablo Genovés ou Ana Teresa Ortega e as novas obras de Manuel Vilariño (tamén presente en Spectrum) e Andrés Pinal, un artista moi silencioso que ofrece unhas enigmáticas fotografías e do que adquiriu o CGAC unha colección de doce pezas.



Será a parella –azarosa pero moi enriquecedora para o visitante galego– formada por Marisa Marimón e Ad-Hoc a que ofreceu unha fusión de tendencias e unha aposta pola arte nova, máis acentuada na primeira. Nomes de artistas noveis ocupan, literalmente, as paredes de Marisa Marimón, cos nomes que seguen a traballar nos últimos anos: as recentes propostas de Álvaro Negro, Vicente Blanco (que tivo moito éxito e vendeu todo o presentado), Salvador Cidrás ou Manuel Vázquez xunto a forzas maduras como Alberto Datas (cunha fabulosa pintura) e Ignacio Basallo. A proposta veciñal de Ad-Hoc combina novo e anovador, a fascinante frescura de Suso Fandiño ou Arturo Fuentes fronte á sutileza irónica de Chelo Matesanz, Xoan Anleo e a revisión histórica do realista Armando Mariño cunha homenaxe a David ou a Duchamp (un estilo, efectista, Manuel Ocampo moi ledo para o visitante).



Foi un Arco de voces silenciosas e poucas sorpresas; o Arco do “Non á Guerra” e do “Nunca Máis”, unha toma de postura crítica que delataban os numerosos adhesivos ou camisetas; os murmurios medraban pola feira e a cita, inesquecible, foi o sábado en Atocha.

Outras colaboracións

Atrapade o mensaxeiro
por Jose Lens
Entre as viñetas
por Henrique Torreiro
Puntadas do Xastriño
por Xastriño
A banda de La Opinión
por Diario La Opinión
Os dados do reloxeiro
por Xurxo Mariño
Melodixit
por Melo

anteriores colaboracións

Agardando as lagarteiras
por Rosa Aneiros
Novenoscopio
por Miguel Porto
Cartas Marcadas
por Xavier Queipo
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org