Revista dirixida por Kiko Da Silva coa colaboración do libreiro Cano. Ten tido dúas épocas, a primeira (2001-2006) con múltiples autores e seis números e a segunda xa só con equipos creativos fixos que fan series continuadas. O primeiro número de todos saira en maio de 2001 con oitenta páxinas, vinte delas a cor, e lombo colado. Participaban autores como Xan López Domínguez, Fran Jaraba, Miguel Anxo Robledo, Kiko da Silva, Marcos Paz Navas, Fernando Ruibal, Siro e Xaquín Marín. O segundo número, de decembro de 2001, mudou formato (Din A4 encadernado con aramio) incrementando o número de páxinas a cor e incorporando moitos outros creadores como Jano ou David Rubín. Moitos deles repetiron na terceira entrega (maio de 2002, mesmo formato que o 3), e no cuarto número (xuño de 2003) con estas características físicas: 80 páxinas a toda cor, 24 x 17 cm co lombo cosido en fío. Ese formato manteríase tanto no final da primeira etapa como na segunda. Os textos de BD Banda na primeira época eran en galego, galego-portugués e portugués: A de Micha Hirt no nº5, as de J.C.Fernandes ("A pior banda do mundo") no nº5 e no nº6, ademais da entrevista ao autor luso. Aparte da revista, houbo dúas edicións máis, o recopilatorio do Concurso BD / Cidade de Pontevedra (2002) e o especial en castelán (2006), que reeditou en español traballos seleccionados dos números 1 a 6, primeira época.
FICHA TÉCNICA
Pontevedra (Galicia), 2001
Textos en galego, portugués
Edición rematada
Periodicidade anual
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: rústica, cosido fío, 24 x 17 cm, 80 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 9 euros
Tiraxe: 1.000 exemplares
Distribución: España
Entidade:
O Clube da Esquina,
Kalandraka,
BD Banda,
autores
Noticias relacionadas
Francotiradores de cadriños
Publicado o 29 / 4 / 2015
Os creadores que autoeditan o seu traballo representan unha tendencia importante entre os novos nomes da BD
BD: a nova xeración
Publicado o 27 / 4 / 2015
O nacemento de novas publicacións e colectivos reforza o panorama da novena arte galega
Dosier: Culturgal
Publicado o 30 / 11 / 2012
Comeza en Pontevedra a feira das industrias culturais do país
A cidade da BD
Publicado o 6 / 8 / 2012
A novena arte conquista A Coruña nun Viñetas desde o Atlántico máis descentralizado ca nunca