
Segundo sinalan os autores, o proxecto parte da vida de Carballo Calero para abordar un relato da cultura galega ao longo do século XX. Coa forma dunha biografÃa ficcionada, a obra comeza a propor un unha ucronÃa no que as ideas reintegracionistas do homenaxeado no DÃa das Letras tivesen triunfado no noso paÃs. A partir de aà percorre desde a infancia en Ferrol do protagonista ata o seu falecemento, a retratar episodios como a súa participación na guerra ou o tempo como profesor en Lugo.
A Arca da Noe, en Vilar de Santos, acolle a partir das 20 horas deste 26 de xuño a primeira presentación pública da BD, que se poderá seguir por streaming. Tamén o programa do FLIV, que se desenvolve esta fin de semana, permitirá ver unha entrevista cos roteiristas e o editor Valentim Fagim domingo 28 ás 18:15 horas. Para o vindeiro 4 de xullo será a Fundación Vicente Risco de Allariz a que acolla unha nova presentación e recital arredor desta obra, a partir das 13 horas.